Publicacións

Aberto prazo de inscrición de socios 2023/24

Imaxe
Aberto o prazo de asociación, só tedes que cubrir o seguinte formulario (a través do link https://forms.gle/HD64HnodzAawpWzM9 ou do código QR) e facer o pago da cuota, que son 15 euros por familia e curso. A conta é do Banco Santander.   Agardamos contar con vós para as actividades que organicemos no vindeiro curso!  

Escola Familias ANPA Os Caeiros: Obradoiro Xestión Emocional

Imaxe
 O próximo luns continuaremos coas Escolas de Familias. Neste caso Patricia do Camiño dirixirá o Obradoiro sobre Xestión emocional dirixido a nais e pais. Promete ser moi dinñamico e interactivo, agardamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar. Haberá merenda, por eso pedimos que se tedes algunha intolerancia/alerxia alimentaria, nolo comuniquedes por mail (anpaoscaeiroscambados@gmail.com) ou por whatsap (613008082) antes do venres 17 de marzo. Igualmente, se precisades que contemos cun monitor/a para coidar dos vosos fillos mentres participades no obradoiro, avisádenos. 

Mercadiño de Nadal IES Asorey

Imaxe
 Animámosvos a participar nesta orixinal iniciativa, que busca implicar ao alumnado na reutilización daquelas cousas que xa non nos son útiles perop oden serlle a outras persoas. Un saúdo!

Campaña IES Asorey en favor do Banco de alimentos Rías Baixas

Imaxe
Reenviamos a seguinte información que nos fan chegar desde o IES Asorey sobre a campaña que organizan desde o centro en favor do Banco de Alimentos Rías Baixas.  Precísase comida en lata, tomate frito, sopas de sobre, leite, aceite, cola cao... e calquera outro alimento que se poida gardar durante moito tempo sen necesidade de frío (alimentos non perecedeiros).  Esta campaña rematará o martes, 20 de decembro . Desde o centro animan tanto ao alumnado como ás súas familias a colaborar nesta iniciativa tan necesaria nos tempos que a todos e todas nos toca vivir.   Estes alimentos deixaranse nas caixas que hai na entrada do centro. Agradecen de anteman toda a colaboración que poidamos ofrecer as familias Un saúdo!

Escola de Familias IES Francisco Asorey. "A educación dixital dos/as nosos/as fillos/as"

Imaxe
O Instituto organiza o próximo día 15 de decembro ás 20:30h una sesión de Escola de Familias dirixida ás familias do alumnado, titulada "A educación dixital d@s nos@ fill@s".  Tedes información actualizada das actividades que organiza o Centro Educativo na súa páxina web,  á que podedes acceder cos seguinte ligazón http://www.iesfranciscoasorey.es/familias.html  

Formación sobre xuventude, acceso a redes sociais e control parental contra a violencia de xénero

Imaxe
Desde o Concello de Cambados organizan esta Xornada de formación. Entrada de balde, só fai falla inscribirse previamente a través do correo electrónico igualdade@cambados.es ou no teléfono 622098721. Esperamos que sexa do voso interese!

Escola de nais e pais

Imaxe
Boas tardes, comezamos a traballar na organización da "Escola de nais e pais" . Para intentar que sexan do interese da maior cantidade de nais e pais, agradeceríamosvos que cubrísedes o seguinte formulario.  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeqiSTRhWvPsPSlDyeZYkFbufYsEVVqhYW8-VVl4yV-j60cEw/viewform?usp=sf_link Calquera suxerencia que non encaixase no formato do formulario, podedes enviala por correo electrónico a anpaoscaeiroscambados@gmail.com Un saúdo!