Publicacións

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

 Pola presente convócase Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA Os Caeiros , o luns 2 de outubro ás 18:30h en primeira convocatoria, 19:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos do IES Francisco Asorey , coa seguinte orde do día:      ● Estado das contas.      ● Proposta de actividades curso 23/24.      ● Información sobre a modificación dos Estatutos.      ● Rogos e preguntas. Xunta Directiva da ANPA Os Caeiros 24 de setembro de 2023

Actualización de socios

Xa actualizamos a lista de socios do curso 23/24.  O prazo de inscrición mantense aberto, pero se non cubriches o formulario e realizaches o ingreso da cuota, deixarás de recibir mensaxes de whatsapp e correos electrónicos a partir de hoxe.   ¿Como facerte socio/a?  - Cubrindo este formulario : https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC6FBJeeXoEE3zbOSNd__P3C3BqiaduuPnGAJJTB4SE9zNnA/viewform?usp=sf_link  - Ingresando a cuota (15 euros por familia e curso) no número de conta:ES37-0049-7829-8023-1001-9212 do Banco Santander

Lotería ANPA Os Caeiros

Imaxe
Compra o teu décimo contactando por mail (anpaoscaeiroscambados@gmail.com) ou por whatsapp no número 613008082!

Aberto prazo de inscrición de socios 2023/24

Imaxe
Aberto o prazo de asociación, só tedes que cubrir o seguinte formulario (a través do link https://forms.gle/HD64HnodzAawpWzM9 ou do código QR) e facer o pago da cuota, que son 15 euros por familia e curso. A conta é do Banco Santander.   Agardamos contar con vós para as actividades que organicemos no vindeiro curso!  

Escola Familias ANPA Os Caeiros: Obradoiro Xestión Emocional

Imaxe
 O próximo luns continuaremos coas Escolas de Familias. Neste caso Patricia do Camiño dirixirá o Obradoiro sobre Xestión emocional dirixido a nais e pais. Promete ser moi dinñamico e interactivo, agardamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar. Haberá merenda, por eso pedimos que se tedes algunha intolerancia/alerxia alimentaria, nolo comuniquedes por mail (anpaoscaeiroscambados@gmail.com) ou por whatsap (613008082) antes do venres 17 de marzo. Igualmente, se precisades que contemos cun monitor/a para coidar dos vosos fillos mentres participades no obradoiro, avisádenos. 

Mercadiño de Nadal IES Asorey

Imaxe
 Animámosvos a participar nesta orixinal iniciativa, que busca implicar ao alumnado na reutilización daquelas cousas que xa non nos son útiles perop oden serlle a outras persoas. Un saúdo!

Campaña IES Asorey en favor do Banco de alimentos Rías Baixas

Imaxe
Reenviamos a seguinte información que nos fan chegar desde o IES Asorey sobre a campaña que organizan desde o centro en favor do Banco de Alimentos Rías Baixas.  Precísase comida en lata, tomate frito, sopas de sobre, leite, aceite, cola cao... e calquera outro alimento que se poida gardar durante moito tempo sen necesidade de frío (alimentos non perecedeiros).  Esta campaña rematará o martes, 20 de decembro . Desde o centro animan tanto ao alumnado como ás súas familias a colaborar nesta iniciativa tan necesaria nos tempos que a todos e todas nos toca vivir.   Estes alimentos deixaranse nas caixas que hai na entrada do centro. Agradecen de anteman toda a colaboración que poidamos ofrecer as familias Un saúdo!