Escola de Familias. Como promover un uso seguro e saudable das tecnoloxías na infancia e na adolescencia. Antonio Rial Boubeta.





O uso temperá e intensivo das TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación) pode provocar problemas emocionais e de convivencia en nenos e adolescentes. Organismos como a OMS, UNESCO e UNICEF advirten sobre os riscos das redes sociais e videoxogos non supervisados: hábitos de vida menos saudables, aumento de ansiedade e depresión, acoso escolar e ciberacoso, violencia filioparental e adiccións.

A tecnoloxía pode ser unha ferramenta educativa poderosa, pero o uso excesivo de pantallas pode dificultar a aprendizaxe e o rendemento académico. O consumo de pantallas debe ser equilibrado para evitar que se converta nun problema de saúde pública. A sociedade e as familias están cambiando, e é vital adquirir unha conciencia crítica e responsable sobre este tema.

Na charla-coloquio, o profesor Rial Boubeta convidaranos a reflexionar como comunidade, buscando un uso seguro e saudable das pantallas para o benestar dos nosos fillos.

Obxectivos:
- Sensibilizar sobre os riscos do uso non supervisado das TRIC
- Promover hábitos saudables no uso de tecnoloxías
- Fomentar unha reflexión comunitaria sobre un uso equilibrado das pantallas 

Enviaremos recordatorio cando se achegue a data

Agardámosvos!

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Inscrición socios curso 2024/25

Taller de Técnicas de Estudio

Modificación dos Estatutos da ANPA Os Caeiros