Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Mercadiño de Nadal IES Asorey

Imaxe
 Animámosvos a participar nesta orixinal iniciativa, que busca implicar ao alumnado na reutilización daquelas cousas que xa non nos son útiles perop oden serlle a outras persoas. Un saúdo!

Campaña IES Asorey en favor do Banco de alimentos Rías Baixas

Imaxe
Reenviamos a seguinte información que nos fan chegar desde o IES Asorey sobre a campaña que organizan desde o centro en favor do Banco de Alimentos Rías Baixas.  Precísase comida en lata, tomate frito, sopas de sobre, leite, aceite, cola cao... e calquera outro alimento que se poida gardar durante moito tempo sen necesidade de frío (alimentos non perecedeiros).  Esta campaña rematará o martes, 20 de decembro . Desde o centro animan tanto ao alumnado como ás súas familias a colaborar nesta iniciativa tan necesaria nos tempos que a todos e todas nos toca vivir.   Estes alimentos deixaranse nas caixas que hai na entrada do centro. Agradecen de anteman toda a colaboración que poidamos ofrecer as familias Un saúdo!

Escola de Familias IES Francisco Asorey. "A educación dixital dos/as nosos/as fillos/as"

Imaxe
O Instituto organiza o próximo día 15 de decembro ás 20:30h una sesión de Escola de Familias dirixida ás familias do alumnado, titulada "A educación dixital d@s nos@ fill@s".  Tedes información actualizada das actividades que organiza o Centro Educativo na súa páxina web,  á que podedes acceder cos seguinte ligazón http://www.iesfranciscoasorey.es/familias.html