Campaña IES Asorey en favor do Banco de alimentos Rías Baixas

Reenviamos a seguinte información que nos fan chegar desde o IES Asorey sobre a campaña que organizan desde o centro en favor do Banco de Alimentos Rías Baixas. 

Precísase comida en lata, tomate frito, sopas de sobre, leite, aceite, cola cao... e calquera outro alimento que se poida gardar durante moito tempo sen necesidade de frío (alimentos non perecedeiros).

 Esta campaña rematará o martes, 20 de decembro. Desde o centro animan tanto ao alumnado como ás súas familias a colaborar nesta iniciativa tan necesaria nos tempos que a todos e todas nos toca vivir.

  Estes alimentos deixaranse nas caixas que hai na entrada do centro. Agradecen de anteman toda a colaboración que poidamos ofrecer as familias Un saúdo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Inscrición socios curso 2024/25

Taller de Técnicas de Estudio

Modificación dos Estatutos da ANPA Os Caeiros