Está aberto o plazo de inscrición de socios da ANPA Os Caeiros 2025-26 no seguinte enlace: https://forms.gle/QY8uqfMy9A31uSA69 Ingreso cuota no Banco Santander 15 euros por familia: ES37 0049 7829 8023 1001 9212 Concepto: nome e apelidos da/o nai/pai que figura no formulario de inscrición Imprescindible cubrir este formulario e axuntar o xustificante de pago para que poidamos actualizar a listaxe de socios. Inscrición aberta ata o 30 de outubro Para máis información anpaoscaeiroscambados@gmail.com - Whatsapp: 613008082
Este curso a ANPA farase cargo de que a cafetería do IES estea aberta os luns a mediodía para seus socios para facilitar a conciliación. Aínda que este servizo ten un custo económico para a ANPA, será gratuíto para as familias usuarias Solicitamos a todos os interesados no servizo a vosa afiliación como socios da ANPA. A cuota anual de asociación é de 15 € por familia. Aínda que non haberá servizo de comidas, o alumnado poderá mercar bocadillos e pan-pizza ou consumir a comida que traian da casa (incluso quentar as comidas que precisen). As portas do centro permaneceran pechadas de 14:45 a 15:50 e contaremos coa presencia dun conserxe neste horario.
Boas tardes! Esta charla está dirixida a nais/pais/titores/as de rapaces/as adolescentes, para aprender máis sobre como educamos aos nosos fillos/as nestes temas. Para adecuala aos intereses e inquedanzas que teñades, Lidia Lestegás pídenos que lle fagamos chegar preguntas ou propostas antes do 15 de decembro ao seu correo matrona@lidialestegas.com A ponente é unha excelente profesional, comunicadora e divulgadora. Animámosvos a todos a participar!
Comentarios
Publicar un comentario