Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria
Pola presente convócase Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA Os Caeiros , o luns 2 de outubro ás 18:30h en primeira convocatoria, 19:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos do IES Francisco Asorey , coa seguinte orde do día: ● Estado das contas. ● Proposta de actividades curso 23/24. ● Información sobre a modificación dos Estatutos. ● Rogos e preguntas. Xunta Directiva da ANPA Os Caeiros 24 de setembro de 2023