Publicacións

Taller educación afectivo sexual na adolescencia. Dirixido a nais, pais, titores/as de adolescentes.

Imaxe
Boas tardes! Esta charla está  dirixida a nais/pais/titores/as de rapaces/as adolescentes,  para   aprender máis sobre como educamos aos nosos fillos/as nestes temas.  Para adecuala aos intereses e inquedanzas que teñades, Lidia Lestegás pídenos que lle fagamos chegar preguntas ou propostas antes do 15 de decembro ao seu correo matrona@lidialestegas.com  A ponente é unha excelente profesional, comunicadora e divulgadora.  Animámosvos a todos a participar!

Inicio da apertura da cafetería luns a mediodía

Imaxe
  Para máis información, mandade mensaxe de Whatsapp ao 613008082. Saúdos!

Apertura da cafetería os luns a mediodía

Imaxe
Este curso a ANPA farase cargo de que a cafetería do IES estea aberta os luns a mediodía para seus socios para facilitar a conciliación. Aínda que este servizo ten un custo económico para a ANPA, será gratuíto para as familias usuarias Solicitamos a todos os interesados no servizo a vosa afiliación como socios da ANPA. A cuota anual de asociación é de 15 € por familia. Aínda que non haberá servizo de comidas, o alumnado poderá mercar bocadillos e pan-pizza ou consumir a comida que traian da casa (incluso quentar as comidas que precisen). As portas do centro permaneceran pechadas de 14:45 a 15:50 e contaremos coa presencia dun conserxe neste horario.

Inscrición socios 25-26

Imaxe
  Está aberto o plazo de inscrición de socios da ANPA Os Caeiros 2025-26 no seguinte enlace:  https://forms.gle/QY8uqfMy9A31uSA69  Ingreso cuota  no Banco Santander 15 euros por familia: ES37 0049 7829 8023 1001 9212 Concepto: nome e apelidos da/o nai/pai que figura no formulario de inscrición Imprescindible cubrir este formulario e axuntar o xustificante de pago  para que poidamos actualizar a listaxe de socios. Inscrición aberta ata o 30 de outubro    Para máis información anpaoscaeiroscambados@gmail.com - Whatsapp: 613008082

Servizo de cafetería para socios os luns a mediodía

Imaxe
Desde a Xunta directiva da ANPA estamos ultimando os detalles para que os socios poidan acceder á cafetería os luns a mediodía.  Animámosvos a asociarvos para poder ser usuarios deste servizo. Saúdos!

Escola de Familias. Como promover un uso seguro e saudable das tecnoloxías na infancia e na adolescencia. Antonio Rial Boubeta.

Imaxe
O uso temperá e intensivo das TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación) pode provocar problemas emocionais e de convivencia en nenos e adolescentes. Organismos como a OMS, UNESCO e UNICEF advirten sobre os riscos das redes sociais e videoxogos non supervisados: hábitos de vida menos saudables, aumento de ansiedade e depresión, acoso escolar e ciberacoso, violencia filioparental e adiccións. A tecnoloxía pode ser unha ferramenta educativa poderosa, pero o uso excesivo de pantallas pode dificultar a aprendizaxe e o rendemento académico. O consumo de pantallas debe ser equilibrado para evitar que se converta nun problema de saúde pública. A sociedade e as familias están cambiando, e é vital adquirir unha conciencia crítica e responsable sobre este tema. Na charla-coloquio, o profesor Rial Boubeta convidaranos a reflexionar como comunidade, buscando un uso seguro e saudable das pantallas para o benestar dos nosos fillos. Obxectivos: - Sensibilizar sobre os riscos do ...

Escola de Familias. Gestión emocional y pensamientos negativos

Imaxe
Onte tivo lugar a primeira Sesión deste curso, da Escola de Familias. Grazas pola vosa asistencia!